Manuel
María quería moito a Monforte a pesares de non ter nacido aquí.
Seguramente quixo que Monforte fose coñecido e prezado no exterior
e por iso dedicou uns fermosos poemas á nosa comarca. Neles describe
lugares, recunchos e xentes que son interesantes para coñecer.
Monforte era o elemento condutor desta obra poética, pero tamén
describe outros lugares como Pobra de Brollón, Pantón, Saviñao,
Sober, Bóveda… que teñen tamén tesouros na súa paisaxe a na súa
historia.
O
feito de ser un texto poético fai que sexa máis sinxelo e máis
bonito para ler e escoitar e que polo tanto poida ter máis difusión.
É
un libro que se pode recomendar a calquera tipo de público.
Por: Aurora Domínguez Fernández
No hay comentarios:
Publicar un comentario