30/10/15

A VELLA ESCOLA


      Sei que esta historia pode ser algo incrible pero foi completamente certa e ocorreu nunha aldea de Pantón en 1995 e contouma unha persoa que quere que lle garde o anonimato.


       Era o día de Samaín, un día gris, varrido pola choiva. Desde o amencer ata o solpor choveu. Había un ambiente de mestura de humidade e calor que producía un gran desacougo. No mediodía un grupo de amigos e amigas decidiron ir pasar a noite asando castañas na antiga escola da aldea. Era un lugar que non se utilizaba desde había moitos anos pero aínda estaba en bo estado. As chaves estaban na casa do pedáneo e fóronllas pedir. O sitio case non se utilizaba, agás como almacén de cousas e trastos vellos. O pedáneo deulles as chaves e foron facer á vella escola un magosto. Ao primeiro empezaron falando bobadas, como ocorre case sempre nestes casos, despois empezaron a contar historias de medo sentados no chan. A xuntanza era divertida pero nun momento dado escoitaron un .- Ahhhhh! - berrando. Todos foron ver que pasaba. Cando chegaron tras da escola, viron a unha das rapazas berrando, fóra de sí. Dixo que vira unha sombra coas cuncas dos ollos baleiras e que parecía a figura dun neno.Era unha pantasma! … non creron nada, pensaron que a rapaza estaba impresionada polo ambiente e que se deixara levar pola súa imaxinación. Dous rapaces e maila súa irmá acompañáronna a súa casa e seguiron coa festa. Despois dun par de horas un frío intenso varreu seus corpos, porque a figura dun neno de uns oito anos, coas cuncas dos ollos baleiras atravesou a estancia diante de todos e un silencio estremecedor invadiu a animada xuntanza. . Despois duns minutos, a figura do neno esvareceuse e todos marcharon arrepiados para as súas casas. Volveron ao día seguinte pero alí non había nada.


      Pasaron os anos e cadaquén fixo a súa vida, a meirande parte deles vivían moi lonxe da aldea, pero todos eles, a noite de Samaín seguiron vendo por varios instantes a figura daquel neno que os perseguiu sempre.



Víctor Domínguez Fernández- 3º ESO

No hay comentarios:

Publicar un comentario