30/10/15

A DESPEDIDA


     Obdulia tiña 19 anos e estudaba Filoloxía Galega en Santiago. Alí vivía coa súa irmá Ana. Eran xemelgas. Sempre estiveron moi unidas, compartían todo, levábanse moi ben e tiñan unha complicidade difícil de entender, mesmo se comunicaban sen falar.

      A festividade de Santos caíu aquel ano en venres, así que había un fin de semana longo e decidiron voltar á aldea. A noite de Samaín, Ana tentou convencer a Obdulia que saíse con ella e a panda de amigos a dar unha volta. Había unha festa nunha aldea dos arredores e ían ir andando e logo troulearían alí todos. Ana era moito máis intelixente, non lle cumpría tanto tempo para estudar, sempre sacaba boas notas case sen esforzo. Obdulia tiña que pasar horas e horas estudando para obter mesmo resultado. Esta diferenza dábase noutros campos da vida. Ana era máis alegre, tiña máis capacidade de relacionarse e facer amigos, era máis creativa e máis popular pero no profundo do seu ser, eran complementarias e admirábanse e queríanse como nunca se viu entre dúas irmás.

     Aquela noite, unha vez máis, Ana saíu e Obdulia quedou na casa estudando. Cando chegaron as doce da noite, Obdulia estaba rendida, tiña sono e decidiu deitarse e durmir.porque a súa irmá tardaría en vir. Os seus pais xa se foran á cama, eran xente de campo que ten que madrugar para dar de comer ao gando.

     Pouco despois de quedarse durmida espertou porque escoitou a voz da súa irmá que a chamaba polo seu nome, sentíu que lle daba un bico e despediuse dela. Obdulia sabía que algo malo lle pasara a Ana. Ninguén mellor ca ella podía saber ese tipo de cousas. Espertou aos seus pais e contoulles a historia. Eles tentaron calmala explicando que todo era un pesadelo. Ao pouco, o timbre da casa sooou insistentemente. Era a garda civil, comunicaron que Ana morrera atropelada por un coche que se dera a fuga.

     Nunca se soubo quen conducía aquel coche, Ana morreu e todos choraron moito por ela pero a peor foi Obdulia que desde aquela noite sempre tivo a sensación de que lle faltaba algo, unha metade de sí mesma.

     Esta é unha historia real ocorrida hai trinta anos. Actualmente Obdulia é profesora de lingua galega nun IES de Santiago e non esqueceu nunca aquela noite de outono que cambiou a súa vida.



Aurora Domínguez Fernández

A VELLA ESCOLA


      Sei que esta historia pode ser algo incrible pero foi completamente certa e ocorreu nunha aldea de Pantón en 1995 e contouma unha persoa que quere que lle garde o anonimato.


       Era o día de Samaín, un día gris, varrido pola choiva. Desde o amencer ata o solpor choveu. Había un ambiente de mestura de humidade e calor que producía un gran desacougo. No mediodía un grupo de amigos e amigas decidiron ir pasar a noite asando castañas na antiga escola da aldea. Era un lugar que non se utilizaba desde había moitos anos pero aínda estaba en bo estado. As chaves estaban na casa do pedáneo e fóronllas pedir. O sitio case non se utilizaba, agás como almacén de cousas e trastos vellos. O pedáneo deulles as chaves e foron facer á vella escola un magosto. Ao primeiro empezaron falando bobadas, como ocorre case sempre nestes casos, despois empezaron a contar historias de medo sentados no chan. A xuntanza era divertida pero nun momento dado escoitaron un .- Ahhhhh! - berrando. Todos foron ver que pasaba. Cando chegaron tras da escola, viron a unha das rapazas berrando, fóra de sí. Dixo que vira unha sombra coas cuncas dos ollos baleiras e que parecía a figura dun neno.Era unha pantasma! … non creron nada, pensaron que a rapaza estaba impresionada polo ambiente e que se deixara levar pola súa imaxinación. Dous rapaces e maila súa irmá acompañáronna a súa casa e seguiron coa festa. Despois dun par de horas un frío intenso varreu seus corpos, porque a figura dun neno de uns oito anos, coas cuncas dos ollos baleiras atravesou a estancia diante de todos e un silencio estremecedor invadiu a animada xuntanza. . Despois duns minutos, a figura do neno esvareceuse e todos marcharon arrepiados para as súas casas. Volveron ao día seguinte pero alí non había nada.


      Pasaron os anos e cadaquén fixo a súa vida, a meirande parte deles vivían moi lonxe da aldea, pero todos eles, a noite de Samaín seguiron vendo por varios instantes a figura daquel neno que os perseguiu sempre.



Víctor Domínguez Fernández- 3º ESO

25/10/15

VISITA AO PROGRESO

O alumnado de 3º da ESO do IES Daviña Rei visitamos o xornal "O Progreso". Ali puidemos ver a evolución da edición xornalística ao longo do tempo e ensinaronnos o proceso de impresión dos xornais.




PREMIOS DO COMIC DE MARIA CASTAÑA

O colectivo Lemos Le que agrupa ás bibliotecas da comarca, entregou o 24 de outubro, o premio de narración e banda deseñada convocados para esta edición. O primeiro premio de banda deseñada foi para Sara Rodríguez Barrientos e tamén tivo un accésit Víctor Domínguez, que son alumnos do IES Daviña Rei. Esta edición estivo dedicada ao personaxe histórico de María Castaña.


VIAXE A PARÍS E BRUXELAS

Case 50 alumnos e alumnas do Daviña e cinco profesores e profesoras fixemos unha interesante viaxe na que visitamos as cidades de París, Bruxas, Gantes e Bruxelas.

Parte desta aventura foi financiada polo Parlamento Europeo e polo propio centro.

Fixemos unha visita ao Parlamento e fomos recibidos polo eurodiputado D. José Blanco.

Foi unha experiencia inolvidable e podedes ver algunhas imaxes no seguinte vídeo.



8/10/15

VÍCTOR - Cancioneiro de Monforte de Lemos

     É un texto de poemas sobre os lugares máis importantes de Monforte e a súa comarca que dedicou Manuel María á nosa terra.

    É semellante a unha viaxe no tempo sobre a arte, a literatura, a beleza e as características máis interesantes da comarca coa cidade de Monforte como elemento de unión. Describe a cidade e a súa xente con moito detalle e agarimo. É un xeito de agradecer os anos que viviu aquí escribindo en poemas todo que se se podía ver e sentir nesta terra.


AURORA - Cancioneiro de Monforte de Lemos

     Manuel María quería moito a Monforte a pesares de non ter nacido aquí. Seguramente quixo que Monforte fose coñecido e prezado no exterior e por iso dedicou uns fermosos poemas á nosa comarca. Neles describe lugares, recunchos e xentes que son interesantes para coñecer. Monforte era o elemento condutor desta obra poética, pero tamén describe outros lugares como Pobra de Brollón, Pantón, Saviñao, Sober, Bóveda… que teñen tamén tesouros na súa paisaxe a na súa historia.
      O feito de ser un texto poético fai que sexa máis sinxelo e máis bonito para ler e escoitar e que polo tanto poida ter máis difusión.
      É un libro que se pode recomendar a calquera tipo de público.


Por: Aurora Domínguez Fernández

VIDEO DE ALDARA


 
Por: Aldara

VIDEO DE ALBA E MARÍA


 
Por: Alba e María 

VIDEO DE MANUEL E JOEL


 
Por : Manuel e Joel